Un psicópata ou un psiquiatra con demasiada ambición? Quen é o autor dos crimes?
Persoas adultas, Xuvenil
22/11/2018
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
19.30 horas
Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña
Na sala de espera da consulta dun psiquiatra están varias persoas. O protagonista da novela, Bruno Zambrano, unha persoa educada nunha contorna problemática, morde a mamila dunha das pacientes. A partir de aí nárranse os acontecementos que fan que o protagonista se encontre agardando a que chegue o psiquiatra. Unha serie de incidentes vai marcando a vida de Bruno. Paralelamente, ocorren uns asasinatos que, aínda que ao principio parecen conectados, só ao final se descobren os seus protagonistas e motivacións. Hai unha serie de feitos que dificulta que se aclaren estes acontecementos, coincidindo e diverxendo en ocasións as súas aparentes causas e escenarios. O autor dalgúns dos asasinatos vese acurralado, polo que ten que tomar algunhas decisións que non previra. O final imprevisto da historia, así como distintos feitos novos que ocorren nunha cidade pequena, algo impensable para os seus habitantes, só pode aclararse grazas á perseveranza e determinación da investigadora. Isto permitiralle á persoa lectora coñecer os detalles que levan á solución do caso e a provocarlle unha tensión sostida ata o final.
Javier Martín Betanzos naceu en Rociana del Condado (Huelva). Fixo a diplomatura de Profesorado en EGB. Posteriormente, trasladouse á Coruña e realizou estudos de Filosofía e Ciencias da Educación, Psicoloxía e Psicopedagoxía. Doutorouse en Ciencias da Educación cunha tese sobre a abordaxe das necesidades do alumnado con parálise cerebral e a súa resposta educativa. É a única que hai en España sobre este tema e obtivo a cualificación de sobresaliente cum laude por unanimidade. Publicou dous libros profesionais sobre este tema e numerosos artigos en revistas españolas e estranxeiras sobre esta parcela educativa, que o apaixona. Foi relator en diversas ocasións na formación de profesorado en exercicio e estudantado universitario. Desde sempre sentiu inquietudes literarias no referente á narrativa e á poesía. No 2017 publicou a novela "No creas lo que tus ojos te dicen".
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible