Na presentación o autor Alfonso Eiré estará acompañado polo Alcalde da Coruña Xulio Ferreiro, o historiador Emilio Grandío, e o editor da obra Francisco Rodríguez Iglesias.
Para público en xeral
09/07/2015
Xa rematou
Fundación Rodríguez Igrexas. Rúa Cordelería 32. 15003 A Coruña
Libre ata completar capacidade
A editorial Hércules ven de editar o último libro de Afonso Eiré, O Piloto. O último guerrilleiro, un libro preciso, revelador, entretido e apaixonante. Un traballo imprescindíbel non só para saber o certo do máis famoso dos nosos guerrilleiros senón para comprender no seu contexto a guerrilla galega, a primeira en organizarse en todo o estado e a derradeira en desaparecer.
Ao mesmo tempo, é unha obra polémica pois vai facer repensar e, aínda, reescribir as liñas esenciais do que foi a loita antifranquista na Galiza, así como a súa conexión co "novo nacionalismo".
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible