Presenta o acto Alberto Trinidad, director de Ediciones Oblicuas.
Persoas adultas
20/12/2016
Xa rematou
De 19 a 20 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
Os catro textos que compoñen este libro (un relato que non é un relato, a historia dun personaxe atrapado nas súas palabras, a viaxe dun pai coas súas fillas e a autopsia dun proceso xudicial) e que o converten nun falso volume de relatos, comparten, ademais de numerosos motivos que se estenden e entrelazan duns a outros, tres trazos comúns: unha mesma e peculiar estrutura narrativa na que o tempo non xoga ningún papel; o feito de que todos eles aludan a outra obra, real ou ficticia; e que os catro abordan a cuestión do que entendemos por verdade e o seu engarce co real. O resultado é un volume formado por pezas autónomas que cobran todo o seu sentido como conxunto.
RODRIGO COSTAS FREIJEIRO:
Nacido en Vigo no 1977, publicou ata a data a novela "En las afueras" (Ediciones Oblicuas, 2015), o relato "Entre Palabras" (finalista do II Certame de Relatos de El Bistró de La Central del Callao, 2013), o poemario De Valera (accésit de poesía nos Premios Minerva, 1995) e numerosos post, artigos, recensións artísticas, crónicas de talleres editoriais e narracións curtas aos que se pode acceder a través da súa web.
Tamén che pode interesar

15/12/2025
Acceso libre até completar a capacidade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible