Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Presentación do documental Todo pode esperar, de Borja Casal sobre César Moran

Unha historia de amor pola música ao longo de toda unha vida.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

07/02/2026

Horario:

19:30 h 

Duración:

70 min

Prezo:

de balde 

Contacto:

agra@galizacultura.gal

César Morán é un profesor de Lingua e Literatura xubilado que hai 50 anos intentou facer carreira como cantautor. A vida non lle permitiu facelo. Non puido vivir da música, pero conseguiu algo máis importante: vivir sempre preto dela. Agora, con 70 anos, vai gravar o seu primeiro disco con músicas e letras propias, Todo pode esperar, que dá nome a este documental, é o título dunha delas.

Borja Casal (director e guionista) é un xornalista que actualmente desenvolve proxectos audiovisuais, logo de terse empregado e colaborado con medios como La Voz de Galicia, Revista Luzes ou Radio Coruña-Cadena SER, e pasado por produtoras como Filmax, Undodez ou Voz Audiovisual levando a cabo traballos de produción, desenvolvemento, guión e dirección. Ten participado en programas como Cos pés na terra ou Historias de aquí e codirixiu Recollendo músicas (Mellor Programa nos Mestre Mateo 2025). No ano 2025 obtivo o I Premio José Gil polo seu proxecto Todo pode esperar.

Neste proxecto fai equipo con Laura Pazienza (dirección de produción), Diego Guerrero (guionista), Marcos Estebo (director de fotografía), Adolfo Fernández (montaxe) e Fernando Rouco (son).

O documental está dividido en capítulos, cada un co nome dunha canción súa que explica a súa vida: Bolboretiña real, Volvo a Galiza, Sonho imposível, Estación e Agora si.

Como todas as actividades do programa "Agra no Ágora", este evento é de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

A quen vai dirixido: para público en xeral

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión