Coñece a nova obra de Mª José Miguéns "Así aprende el cerebro: descubre el genio que llevamos dentro"
Persoas adultas, Xuvenil, Familias
29/01/2022
Xa rematou
Dende o 18/01/2022 ata o 29/01/2022
Require inscrición.
De 12.00h. a 13.30h.
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
20
bduranloriga@coruna.gal
Tel.: 981 184 388
Este libro, con fundamento nos últimos avances da neurociencia, establece pautas para que os nenos e nenas saquen máis proveito ao tempo de estudo. Para iso, a autora explica primeiro como asimila a información o cerebro e despois que técnicas podemos utilizar para potenciar as nosas habilidades.
Aborda temas como as intelixencias múltiples, estilos de aprendizaxe, a atención ou o control do diálogo interno, sempre de forma moi amena e cunha linguaxe sinxela.
Miguéns espera que esta obra sirva de guía tanto a nais e pais como a estudantes para que a aprendizaxe sexa unha tarefa máis amena e da que saquen maior proveito.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible