Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

Presentación do libro: "Las almas de Cabo Blanco", de Lola Pereira Varela

Descubre a historia de Cabo Blanco da man da escritora Lola Pereira.

A quién va dirigido:

Personas adultas

Cuándo:

24/11/2022

Ya ha finalizado

Inscripciones:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Horario:

De 19.00 a 20.30 h.

Dirección:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Contacto:

bagora@coruna.gal

981 189 886

A escritora, docente, conferenciante e ecoloxista Lola Pereira presenta na Biblioteca Ágora o seu novo libro, "Las almas de Cabo Blanco", a historia de como Costa Rica foise convertendo no país ecoloxista que é hoxe e, sobre todo, a historia de Nicolas e de Karen, que loitaron ata o día da súa morte polo ideal do mundo sostible.

Un amor escandinavo durante a Guerra Fría. Unha vida espartana na selva de Costa Rica. Unha dedicación incansable para establecer a primeira reserva natural do país. Unha morte inesperada e misteriosa. Un coatí dócil que consola a unha mulleres con pensamentos suicidas. Unha loita continua para a conservación da natureza máis aló da morte. Unha historia verídica. (Resumo da contraportada)

Sobre Lola Pereira

Lola Pereira (A Coruña, 1954) é escritora e docente. Diplomada en Marketing pola Escola Superior de Barcelona, é profesora de Contos da Tradición Oral pola Universidade Pontificia de Salamanca e especialista en Intelixencia Emocional Aplicada pola Escola Europea de Líderes.

Ten participado en numerosos encontros de escritores, talleres y diversas actividades de fomento da lectura e conciencia ambiental en Costa Rica, Nicaragua, El Salvador, México e España. En Costa Rica tivo unha participación fundamental en iniciativas para a mellora na educación, a calidade e a protección do ambiente en localidades como Santa Teresa de Cóbano, Monteverde e San Vito de Coto Brus. Impartiu en varias ocasións o Taller de Contos de Tradición Oral para bibliotecólogos do Ministerio de Educación Pública.

Fundadora do Liceo Rural de Santa Teresa de Cóbano, madriña do Programa Telesecundaria en dita institución e directora do Programa de Rescate da Identidade Cultural de Santa Teresa. Creadora do Proxecto Acción de Erradicación da Explotación Infantil e coordinadora do Plan de Lectura da Área de Saúde de San Vito.

También puede interesarte...

Agenda

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión