Descubre a primeira novela de Montserrat Astray!
Para público en xeral
14/06/2024
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade.
18.30 a 20.00 h
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
Tel.: 981 189 886
Montserrat Astray presenta na Biblioteca Ágora a súa primeira novela "Una luz en la tormenta", a historia dunha muller loitadora, forte e intelixente que se deixa levar polo que ela cría que era amor e abandona a súa carreira para centrarse en ser nai e esposa. A vida ensinaralle que unha historia pode dar mil voltas e que o que ela cría imposible pode suceder.
Sinopse da obra
Lía é a protagonista desta historia, unha excelente científica que terminará facendo o maior descubrimento da historia do último século. Un virus misterioso que ameaza a poboación mundial e que xunto cun grupo de científicos se verán envoltos nunha trama de investigación que os levará a verse involucrados nun proxecto altamente secreto e perigoso. Enfrontaranse a grupos terroristas que desexan utilizar ese virus como unha arma e en medio dese caos ela seguirá loitando polos seus fillos para protexelos e darlles a vida que realmente merecen.
Lía regresará ao seu traballo como epidemióloga e coñecerá o amor verdadeiro, ese que un non espera e que cando menos conta te dás aí está, diante dos fociños.
Tamén che pode interesar

19/12/2025

19/12/2025

19/12/2025
Non precisa inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

19/12/2025
Entrada libre ata completar a capacidade.

20/12/2025

20/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible