Coñece a nova obra de Cheikh Fayé, "Ser Modou Modou".
Persoas adultas
15/11/2017
Xa rematou
De 19.30 a 20.30 horas
Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña
981184392
Cheikh Fayé era mestre en Senegal ata que emigrou e desde hai 14 anos reside na Coruña, onde hai tempo que espera lograr a nacionalidade. Comezou escribindo un blogue e agora vén de publicar o libro Ser Modou Modou, editado pola AS-PG. Modou Modou é o nome xenérico co que se coñece a un inmigrante africano a este lado do Mediterráneo. No libro, escrito en galego, dá conta de como é a vida dos inmigrantes africanos en Europa, a morriña pola súa terra e a loita cotiá por gañar un salario que lles permita manterse, a eles mesmos e á familia que quedou lonxe. Pero tamén é un libro cheo de referencia a heroes da cultura e da historia de Senegal coetáneos, como Léopold Sédar Senghor.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible