Recollida de propostas e información
Maiores, Familias, Xuvenil, Asociaciones o centros escolares, Para público en xeral
Dende o 26/04/2017 ata o 21/05/2017
Xa rematou
http://www.coruna.gal/participacion/gl/procesos-participativos/orzamentos-participativos
Os Orzamentos Participativos son unha ferramenta para que os veciños e as veciñas da Coruña decidan libremente e de maneira directa en que empregar unha parte do orzamento do seu Concello.
Este ano imos escoller a que destinar 3 millóns de euros do total do orzamento municipal para 2018: 2 millóns de euros repartidos a partes iguais entre os 10 distritos (200.000 € para cada un) e 1 millón de euros para propostas dirixidas ao conxunto da cidade.
A cidadanía propón proxectos de gasto que son preseleccionados nunha fase de apoios cidadá, logo son avaliados polo persoal técnico do Concello e, finalmente, chegan a unha fase de votación final. As propostas máis votadas pola cidadanía pasan a formar parte do proxecto inicial do Orzamento Xeral do ano seguinte.
QUEN PODE PARTICIPAR?
alquera persoa empadroada na Coruña de 16 ou máis anos pode propoñer e apoiar ideas de investimentos para os distritos que queira e para a partida global de cidade.
Na fase de votación, cada persoa poderá votar propostas dirixidas ao conxunto da cidade e propostas dirixidas a un distrito da súa elección, no que decida implicarse máis.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible