Actividade incluída na programación do Festival literario e cultural "PrimaLetras" posto en marcha na cidade da Coruña para celebrar as efemérides relacionadas co libro e a lectura nos meses da primavera (marzo/maio)
Juvenil
21/04/2022
Ya ha finalizado
Actividade pechada para o público xuvenil participante dos clubs de lectura da rede de bibliotecas.
18.30 horas
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
Tel.: 981 189 886
As persoas participantes dos clubs de lectura xuvenil da rede de Bibliotecas Municipais terán ocasión de conversar coa escritora Emma Pedreira, autora galardoada co Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil no ano 2018 pola novela "Os corpos invisibles".
Emma Pedreira (A Coruña, 1978)
Filóloga, poeta e narradora, Emma Pedreira participa tamén moi activamente na plataforma de crítica feminista A Sega.
A súa obra foi galardoada con numerosos premios literarios e participa ademais en infinidade de antoloxías colectivas. Algúns dos galardóns recibidos na súa traxectoria como poeta son: Premio Johán Carballeira 1999 por "Diario bautismal dunha anarquista morta", Premio Johán Carballeira 2001 por "Velenarias", Premio Johán Carballeira 2002 por "Os cadernos d'amor e os velenos", Premio Fiz Vergara Vilariño 2006 por "Casa de orfas", Premio Poesía Concello de Carral 2012 por "Libro das mentiras" e Premio Gonzalo López Abente 2015 por "s/t", entre outros moitos.
Conversa no blog Suma Ágora con Emma Pedreira con motivo do #8M do ano 2021: "Visibilizamos o chocante e non o natural".
Actividades relacionadas
También te puede interesar

02/02/2026

02/02/2026
Acceso libre hasta completar capacidad

03/02/2026
Desde el 27/01/2026 hasta el 03/02/2026
Require inscrición

03/02/2026
Desde el 27/01/2026 hasta el 03/02/2026

04/02/2026
Desde el 28/01/2026 hasta el 04/02/2026
Require inscrición

05/02/2026
Sesión cancelada por peche da biblioteca.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible