Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Probas de acceso ao Conservatorio Profesional de Danza da Coruña, curso 2026-2027

O Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña abre o prazo para inscribirse ás probas de acceso para o curso 2026-2027 para o nivel de iniciación e os graos elemental e profesional.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Requisitos:

  • Necesario facer inscrición previa para todos os niveis.

Pódense realizar preinscricións ata o día anterior á proba para a que se fai a solicitude.

Iniciación:

Curso preparatorio que sirve de introdución á danza por medio de xogos onde se traballa a coordinación e a musicalidade. A idade mínima para acceder son 7 anos.

Grao Elemental

Organízase en 4 cursos académicos. Para acceder é imprescindible superar unha proba específica de acceso. idade mínima para acceder son 8 anos.

Grao profesional:

Organízase en 6 cursos académicos.

Para acceder ao 1º curso hai que superar unha proba específica de acceso. 

Poderá accederse a calquera outro curso sen ter cursado os anteriores sempre que, a través dunha proba, a persoa aspirante demostre posuir os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes.

Páxina web:

www.dacoruna.gal/conservatorio-profesional-danza

Contacto:

Conservatorio Profesional de Danza

Casa Martelo. R/ Franxa, 14. 15001- A Coruña

tel.:  981 14 15 81

e-correo: conservatorio.danza@dacoruna.gal

Horario: de 16.00 -21.00 h.

DATAS REALIZACIÓN

  • INICIACIÓN,  E RESTO DOS CURSOS GRAO ELEMENTAL: Luns, 8 de xuño de 2026 ás 16:30 h
  • 1º DE GRAO PROFESIONAL: Martes, 9 de xuño de 2026 ás 16:00 h
  • RESTO DE CURSOS GRAO PROFESIONAL: Mércores, 10 de xuño de 2026 ás 16:30 h

PREINSCRICIÓN:

A preinscrición poderá realizarse ata o día anterior á proba para a que se fai a solicitude.

Preinscrición telefónica: 981 415 181 (de 16:00 a 21:00h)

Preinscrición telemática remitindo ao enderezo de correo electrónico conservatorio.danza@dacoruna.gal solicitude coa seguinte información:

  • Nome e apelidos do/a solicitante
  • Data de nacemento.
  • Persoa responsable e teléfonos de contacto
  • Curso ao que se presenta

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión