Organizado pola Asociación de veciños Oza, A Gaiteira, Os Castros, dentro do seu proxecto "Barrios 2030: Fomento da participación cidadá a través dos ODS".
Persoas adultas, Xuvenil
27/11/2023
Xa rematou
Acceso libre até completar capacidade
De 17.30 h. a 19.30 h.
Tel.: 981 184 298
Voltan os programas da Radio Cuac FM á Biblioteca Fórum instalando unha mesa dende a que difundiremos os ODS, invitaremos a persoas referentes en sostibilidade e a veciños e veciñas para promover hábitos de vida sostibles. Dende o programa realizaremos toda a divulgación e invitaremos á cidadanía a participar nas diferentes actividades do proxecto.
O luns 27 de novembro ás 17.30 h. falaremos do PRESENTE do barrio (Social, Medioambiental e Económico).
O programa emitirase no 103.4 da FM para o área de A Coruña e en streaming a través de https://cuacfm.org/directo/.
Así mesmo, realizarase un importante esforzo na difusión dos programas realizados sumando esforzos na gravación e edición para a súa posterior publicación en diferentes redes sociais para multiplicar a difusión.
Tamén che pode interesar

15/12/2025
Acceso libre até completar a capacidade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible