Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Punto de Encontro Familiar - PEF

Enderezo:

Lugar las Jubias de Arriba (C. Aten. Discap.) 15. 15006 A Coruña

Teléfono:

981 297 534

Páxina web:

aseduc.es

Horario:

De luns a domingo de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

Titularidade: Consellería de Traballo e Benestar

Empresa concesionaria: ASEDUC (Asociación socioeducativa para a educación)

Acceso:

  • Sempre que o estableza unha resolución xudicial ou administrativa.
  • En situacións de violencia que supoñan un risco para calquera dos membros durante o cumprimento das visitas.

Descrición: servizo que facilita o cumprimento do réxime de visitas establecido pola autoridade competente e favorece o dereito dos menores para relacionarse con ambos os proxenitores e coas súas familias cando, nunha situación de separación, divorcio, ou noutros supostos de interrupción da convivencia familiar, o exercicio do dereito de visitas vese interrompido, ou o seu cumprimento resulta difícil ou conflitivo, garantindo a seguridade e o benestar dos nenos.

Tipos de intervencións que se realizan:

  • Entregas e recollidas dos menores.
  • Visitas tuteladas.
  • Visitas non tuteladas.
  • Deseño e desenvolvemento dun programa psico-socio-educativo individualizado.
  • Orientación e asesoramento familiar.
  • Intervención en negociación e aplicación de técnicas mediadoras.
  • Intervencións encamiñadas a reducir o impacto da nova situación familiar e preparar aos proxenitores e os seus fillos para que no futuro as relacións entre eles evolucionen.
  • Rexistro e documentación das actividades realizadas.

Normativa:

Decreto 96/2014, de 3 e xullo, polo que se regulan os puntos de encontro familiar en Galicia, publicado no DOG nº 145 do 1 de agosto de 2014.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión