Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Rancor

Curtametraxe ambientada en Galicia e no seu marco rural nos anos 80 ata a actualidade, onde Teo, o protagonista, tras recibir unha noticia e a modo de roadmovie revive momentos clave do seu pasado, desde a nenez ata a adolescencia, incluíndo intres próximos á súa madurez.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

18/01/2016

Xa rematou

Horario:

20.00 h.

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade.

Organiza:

IMCE

Contacto:

981 184 293

Teo é un home duns 35 anos que, tras chegar á súa casa despois dun longo día de traballo, revisando as mensaxes do contestador, escoita unha que fai que o seu pasado volva ser o seu presente. O seu pai morreu na residencia de anciáns onde vivía e envíano á súa casa da aldea para ser enterrado.

A última vez que Teo viu ao seu pai foi hai uns meses e despois de moitos anos. Tantos como os que facía que saíu pola porta da súa casa, abandonándoos, tras unha acesa pelexa coa súa nai enferma e que el escoitou desde a habitación.

No camiño á aldea da súa infancia, Teo volverá revivir eses momentos, así como instantes da súa adolescencia que o marcaron pola soidade. A soidade, o medo, a tristeza, o rancor, o abandono, o amor... Son os ingredientes que dan forma a esta historia chea de sen sabores e que deixan entrever a valentía das persoas cando sabemos que aínda temos a alguén.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión