A lendaria actriz coruñesa María Casares, representante da resistencia, o exilio e a excelencia artística, protagoniza a segunda sesión do ciclo Nexos en outubro desde a visión poética e escénica de Elsa Moreno.
Para público en general
31/10/2025
Ya ha finalizado
19:00 h
Casa Museo Casares Quiroga. Calle Panaderas 12. 15001 A Coruña
Entrada gratuíta con inscrición previa: casasmuseo@coruna.gal 981 189 856
Casa Museo Casares Quiroga.
Esta creadora valenciana ofrecerá un recital itinerante baseado en En un lugar limítrofe (o seu poemario publicado pola Editorial La Imprenta en 2023), que explora o exilio emocional, a identidade difusa e a tensión entre a vontade de afecto e o peso da tradición. Un espazo escénico diferente A artista utilizará de modo moi persoal o propio espazo da Casa Museo Casares Quiroga, convertendo a arquitectura nun territorio sensible e evocador e activando a palabra poética a través da presenza corporal, o silencio e a atmosfera.
O recital desenvolverase na biblioteca, onde a voz da artista entrará en diálogo cos ecos de María Casares, evocando a súa forza escénica e a súa memoria como figura do exilio e da resistencia íntima. Tras o recital, producirase un conversatorio aberto coa artista.
Esta proposta forma parte do ciclo NEXOS, dedicado á intervención e recuperación da memoria a partir do encontro entre distintas disciplinas artísticas, e sucede ó encontro coa cineasta Laura Hojman, que o 17 de outubro presentou o seu documental Antonio Machado.
Los días azules con todas as invitacións esgotadas. NEXOS é un proxecto da Asociación Cultural AÏS en colaboración coa Concellería de Cultura e Turismo do Concello da Coruña e as Casas Museo da Coruña
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible