Espazo de actividades lúdicas infantís durante a Semana Santa. Aprenderemos sobre a astronomía e as estrelas a través de obradoiros, xogos e dinámicas participativas.
Nenas e nenos entre 4 e 12 anos no momento da inscrición
Infancia
Dende o 03/04/2023 ata o 05/04/2023
Xa rematou
Dende o 20/03/2023 ata o 29/03/2023
A admisión farase por orde de chegada ao realizar a inscrición.
O horario será o de apertura do centro cívico.
10.00 a 13.30 h
Horario ampliado de 09.00 a 14.30 horas
Centro Cívico Os Mallos. Avda. de Arteixo 147. 15007 A Coruña
15
Centro Cívico Os Mallos
Teléfono: 981 184 364
Correo electrónico: ccmallos@coruna.es
Autorización de asistencia, recollida e uso da imaxe (409 KB)
Solicitaranse as prazas na conserxaría deste centro cívico.
Ofértanse en total 10 prazas para as persoas participantes con necesidades educativas especiais ou discapacidade, en grao que non impida a participación en actividades co grupo. Neste caso a inscrición terase que realizar no centro cívico de Labañou nas mesmas datas e no horario de apertura dese centro cívico.
É conveniente levar auga e un refrixerio para media mañá e non levar aparellos electrónicos.
É aconsellable que non asistan ao Recuncho do xogo as e os menores que teñan enfermidades contaxiosas ou que presenten algún destes síntomas: febre, vómitos, diarrea, aftas na boca, chagas, dificultade respiratoria, conxuntivite, alteracións atípicas na pel, ter piollos ou lendias ou calquera síntoma relacionado coa COVID-19
Soamente se poderá facer unha inscrición por menor, en caso contrario anularanse todas as inscricións.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible