Para as/os menores xa matriculados no curso 2024-2025 na REIM
Para público en xeral
Dende o 20/03/2025 ata o 21/03/2025
Xa rematou
Os/as proxenitores/as, titores/as ou representantes legais dos/as menores que xa se atopen matriculados nunha escola da Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) do Concello da Coruña no curso 2024-2025, poderán solicitar o traslado da súa matrícula a outra escola da REIM para o curso 2025-2026, coa condición de que se cumpran os seguintes requisitos:
No caso dun/dunha menor con NEAE é necesario que o centro de destino teña algunha praza dispoñible para un/unha menor con NEAE na unidade na que solicita ingresar. Para iso, nas datas indicadas na súa escola infantil, deberá presentar unha solicitude de traslado na secretaría da escola á que se desexa incorporar.
Tras a concesión ou denegación do traslado, formalizarase a reserva de praza no centro no que proceda, para o que as familias deberán presentar na secretaría da escola a documentación que se cita a continuación:

Dende o 16/12/2025 ata o 18/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible