Co concerto AKRATA, a Banda Municipal da Coruña participará por primeira vez dentro de RESIS, dentro dos concertos homenaxe a Iannis Xenakis.
Para público en xeral
02/06/2022
Xa rematou
20:00 h
gratuíto, ata completar a capacidade
Akrata (1964/65) é unha obra para un conxunto de instrumentos de vento madeira e vento metal que leva ao extremo as posibilidades sonoras dos instrumentos: as diferentes intensidades, a emisión do son, a fricción das harmonías que utiliza Xenakis crean un mundo de superficies que, por momentos, fai que a música case poida verse.
Passacaglia (2022) é a primeira peza para banda composta polo compositor galego Miguel Matamoro. Esta peza é un encargo da Banda Municipal de Castelló. Por motivos sanitarios a súa interpretación viuse posposta na cidade valenciana, polo que acudimos neste concerto á súa estrea mundial.
Passacaglia, ou pasacalles, é unha peza de carácter marcial, con certos toques caricaturescos, cómicos e nalgúns momentos circenses. Un pequeno motivo moi rítmico será presentado polas trompas e irase repartindo polo grupo instrumental nun desenvolvemento scherzante que fai referencias en forma de escintileos a algúns dos folclores máis evidentes da tradición musical para Banda.
Completarán o programa as obras O Verger de l'amat (2016), de Xavier Galabert, para banda e electrónica; e Ressons do Xarq (2006), do compositor valenciano Voro García.
DIRECTOR: MARCEL ORTEGA E MARTÍ.
13/05/2024
19/05/2024
19/05/2024
21/05/2024
24/05/2024
24/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible