O sábado 11 de febreiro faremos unha ruta pola cidade para coñecer #ACoruñaLiteraria. As luces dos libros. De faro a faro é o nome desta ruta que estará por Carmela Galego, historiadora da Arte.
Para público en xeral
11/02/2023
Xa rematou
12.00 h
Asociación cultural Alexandre Bóveda . Rúa San Andrés 36, 1º. 15003
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
981 200 869
Este será o itinerario:
Praza do pintor Sotomayor. Comezaremos o noso percorrido ás 12.00 h diante da Biblioteca da Casa do Consulado, a biblioteca pública máis antiga da cidade.
Rúa do Sol, nº 8 a última localización da biblioteca Germinal. Con Ana Romeu, historiadora.
Rúa San Andrés, nº 36. Biblioteca Círculo de Artesáns. Con Marcelino Abuín, xestor de patrimonio.
Xardíns de Méndez Núñez: biblioteca Concepción Arenal, biblioteca Infantil e Biblioteca Popular (edificio Atalaia) Con Xosé Luís Martínez, arquitecto.
Mapa Mundi do Beato do Burgo de Osma
O mapamundi do Beato do Burgo de Osma garda unha das primeiras representacións gráficas do que segue sendo o gran símbolo da nosa cidade. Un elemento alongado con catro letras á súa beira: FARO. Hoxe sabemos que ese era o topónimo co que A Coruña se identificaba durante boa parte da Idade Media e este códice do ano 1086 así o recolle. No que parece o outro extremo dun mar coñecido vemos un elemento xemelgo. Está, efectivamente, no oriente do Mare Nostrum e representa o faro de Alexandría. Alexandría, ese lugar suxestivo co que estamos irmanados polos nosos grandes símbolos: os faros. Alexandría é tamén mundial e historicamente coñecida polas luces dos libros da mítica biblioteca.
As prazas son limitadas.
Para anotarse prema aquí

20/12/2025
Dende o 13/12/2025 ata o 18/12/2025
Require inscrición

Dende o 20/12/2025 ata o 04/01/2026
Apertura prazo de inscrición: mércores 10 de decembro ás 10.00 h

Dende o 22/12/2025 ata o 07/01/2026
Abrirase o día 1 de decembro, na nosa páxina web www.coruna.gal/cultura o formulario para a inscrición.

17/01/2026
Dende o 10/01/2026 ata o 15/01/2026
Require inscrición

28/01/2026
Dende o 21/01/2026 ata o 28/01/2026
Require inscrición

07/02/2026
Dende o 31/01/2026 ata o 05/02/2026
Require inscrición
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible