Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ábrese o prazo para presentar alegacións á aprobación inicial da declaración da parcela do POL-1 do API S37 (Lg. Pedro Fernández) como Zona de Situación Acústica Especial

Desde o 26 de marzo e durante trinta días hábiles as persoas e colectivos interesados poderán presentar alegacións ou suxestións á aprobación inicial do texto que declara esta terreo Zona de Situación Acústica Especial

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 26/03/2026 ata o 11/05/2026

Organiza:

Concellería de Medio Ambiente

Documentos:

Anuncio BOP 25.03.2026 (93 KB)

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria celebrada o 18 de marzo de 2026, acordou por unanimidade iniciar o procedemento de declaración da parcela do POL-1 do API S37, sito na Avenida da Pasaxe, Lugar Pedro Fernández, como Zona de Situación Acústica Especial (ZSAE), de conformidade co disposto nos artigos 20 e 26 da Lei 37/2003, de 17 de novembro, do Ruído, á vista do informe emitido en data 20 de febreiro do 2026 polo xefe de Departamento de Actividade Industrial, para a aplicación das medidas correctoras propostas no devandito informe co obxectivo de mellorar a calidade acústica da zona e conseguir o cumprimento dos OCA correspondentes ao espazo interior.

Na mesma sesión acordouse abrir un período de información pública e audiencia ás persoas e colectivos potencialmente interesados por un prazo de 30 días hábiles, computados a partir do día seguinte ao de publicación desta Resolución no BOP da Coruña (núm. 56 de 25.03.2026) e no Sistema de Información Ambiental Municipal.

Para tal fin poderán examinar o texto da declaración a través da web do Servizo de Medio Ambiente ( Descargas documentos e informes ambientais )*.

As alegacións e propostas poderán presentarse en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro , reguladora do procedemento administrativo común das Administracións públicas.

Finalizado o período de información pública e o trámite de audiencia, e tras os informes técnicos municipais que procedan, a Xunta de Goberno Local acordará a aprobación definitiva.

O acordo de declaración de Zona de Situación Acústica Especial publicarase no BOP e no Sistema de Información Ambiental Municipal, e entrará en vigor ao día seguinte ao da publicación.

Poderase consultar o texto íntegro do documento sometido a información pública tamén no taboleiro de edictos do Concello da Coruña.

*Sección Calidade Ambiental - Ruído.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión