Para visitar o Aquarium e asistir ás sesións de planetario na Casa das Ciencias hai que reservar previamente
Para público en xeral
Dende o 08/11/2025 ata o 16/11/2025
Xa rematou
Das 10.00 ás 19.00 horas todos os días
Último acceso ás 18.00 horas no Aquarium e ás 18.30 horas na Casa das Ciencias e Domus
Con motivo da Semana da Ciencia, a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae terán 9 días consecutivos de entrada gratuíta.
Para visitar eses días o Aquarium Finisterrae é imprescindible realizar unha reserva de entradas, que se pode facer cun máximo de 3 días de antelación nesta ligazón. Para lles facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva, acompañadas doutra persoa, se o precisan. En calquera caso, as entradas estarán limitadas por un control de capacidade do recinto.
A visita ás salas de exposicións da Casa das Ciencias e Domus será libre, sen reserva previa, e sempre que a capacidade non estea completa.
Para asistir a unha das sesións do planetario na Casa das Ciencias si hai que realizar unha reserva de entradas nesta ligazón, que se poderá facer a partir das 9.00 horas do día anterior á sesión.
Programación do planetario
De luns a venres:
18:00 h Sesión en directo, (cast/gal, + 10 anos)
Fins de semana:
11:30 h La noche es necesaria (castelán, +10 anos)
13:00 h A grande aventura do sistema solar (galego, + 4 anos)
17:00 h La gran aventura del sistema solar (castelán, + 4 anos)
18:00 h Sesión en directo, (cast./gal., + 10 anos)
O horario de apertura dos tres museos é das 10.00 ás 19.00 horas, con último acceso ás 18.00 horas no Aquarium e ás 18.30 horas na Casa das Ciencias e Domus.

05/12/2025

Dende o 04/12/2025 ata o 06/12/2025

Dende o 05/12/2025 ata o 06/12/2025

06/12/2025

Os días 01/12/2025, 02/12/2025, 03/12/2025, 04/12/2025, 05/12/2025, 06/12/2025, 07/12/2025

07/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible