Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Sen Numerar Outono 2026 - CABARET ENXEBRE

Proposta de cabaret contemporáneo, onde non só existe espazo de interpretación, senón que calquera recuncho da sala pode ser un lugar de expresión.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

28/11/2026

Horario:

20.30 h

Duración:

80 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

ENTRADA: 9,00 €

  • Carné xove, maiores de 65 anos, persoas desempregadas, familia numerosa, persoas con certificado de discapacidade e 1 acompañante: 7,00 €

A persoa que adquira entradas con desconto debe presentar a acreditación correspondente, no momento de comprar as entradas e de acceder ao auditorio-

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo, non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.

Ao acceder ao teatro, poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.

Non se admiten cambios nin devolucións, excepto en caso de suspensión.

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.

Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan o público e os/as artistas.

O teatro ten reservado o dereito de admisión.

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

Os carros e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.

Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos, xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo/a responsable da sala.

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

Seguir as instrucións do persoal de sala.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

O público funciona como un personaxe máis, que forma parte indispensable do show. Danlle forma á peza como un crebacabezas que representa as propias vidas dos actores e actrices e, desde o grotesco, a farsa e a provocación, transgreden as súas propias contradicións.

Ritmo, musicalidade, velocidade, comedia, sensualidade e 13 almas espidas que retratan a sociedade actual.

Duración: 80 min

Compañía: Dar Trela Teatro

Autoría: Dar Trela Teatro

Dirección: Fernando González

Elenco: Darío, Angie, Rubén, Aurora, Rita, Rosa, Otero, Vanesa, Chus, Belén, Xavi, Clara e Chicho

Público: +16 anos

Espectáculo en galego

VENDA DE ENTRADAS:

  • Despacho de billetes d praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h
  • Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • ataquilla.com

Tamén che pode interesar...

  • "¿Quieres pecar conmigo?"

    Cando:

    Dende o 25/09/2026 ata o 27/09/2026

  • Viñetas 2026 web

    Viñetas desde o Atlántico 2026

    Cando:

    Dende o 10/08/2026 ata o 27/09/2026

  • Festa de letras, de Iria Pinheiro

    "Festa de letras", de Iria Pinheiro

    Cando:

    29/09/2026

    Inscricións:

    Dende o 25/09/2026 ata o 29/09/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • Imaxe da obra

    Ciclo Principal: El invencible verano de Liliana

    Cando:

    Dende o 02/10/2026 ata o 03/10/2026

  • Garavanciña, de Migallas Teatro

    "Garavanciña", de Migallas Teatro

    Cando:

    06/10/2026

    Inscricións:

    Dende o 02/10/2026 ata o 06/10/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • Cartaz

    TRCdanza: Aburrimento arquitecturas para o xogo escénico

    Cando:

    08/10/2026

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión