Que pasa cando unha adolescente de dezaseis anos comparte unha foto íntima co seu crush nun contexto social como o que estamos a vivir?
Para público en xeral
30/01/2026
Xa rematou
20.30 h
60 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
9,00 €.
Carné Xove, maiores 65 anos e persoas desempregadas: 7,00 €
** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar onde terá lugar o espectáculo.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
RECOMÉNDASE:
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forummetropolitano@coruna.es
Alicia está namorada.
Alicia faise un selfie.
Alicia presiona enviar.
Do outro lado do móbil, alguén reenvía, e reenvía, e reenvía.
Os chats tolean. Unha avalancha de mensaxes, de vexacións, de insultos, de censura.
Nun mundo eterno como é a rede, cal é a solución para recuperar a intimidade perdida tendo en conta que, cada ano que pasa, as xeracións están expostas a crecer sen a madurez suficiente para empregar un novo apéndice chamado teléfono?
Cámara escura fala das vítimas de ciberacoso que se ven conducidas cara a un buraco negro de desprezo e dor. Trata das persoas culpables que, agresión tras agresión, van construíndo un perigoso perfil de cara ao futuro. Cámara escura diserta sobre esas nais e pais que ven, con absoluta impotencia, rotas/os as súas fillas e os seus fillos.
A través de Alicia, esa moza dividida en dúas voces internas, podemos asomarnos á realidade que sofren cada día máis adolescentes a nivel mundial.
Autoría: José Luis Baños de Cos
Dirección: Sara Rey Seoane
Elenco: Andrea Blanco Dios, Ana San Fernando, Marcos Grandal Tojeiro
Compañía: Vórtice Escénico
Duración: 60 minutos
Público: a partir de 12 anos
Espectáculo en galego
VENDA DE ENTRADAS:
Entidades

12/05/2026
Dende o 08/05/2026 ata o 12/05/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

13/05/2026

14/05/2026

15/05/2026
Dende o luns 11 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (15 de maio) pola tarde na biblioteca do Centro Ágora.

16/05/2026

16/05/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible