Chihiro é unha nena de dez anos que viaxa en coche cos seus pais. Despois de atravesar un túnel, chegan a un mundo fantástico, no que non hai lugar para os seres humanos, só para os deuses de primeira e segunda clase.
Para público en xeral
Dende o 09/12/2021 ata o 11/12/2021
Xa rematou
Xoves e venres: 20.00 h
Sábados: 17.30 e 20.00 h
Prezo: 3,00 €
Descontos: Carné xove, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €
Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada no despacho de billetes e no acceso á sala na que terá lugar a proxección.
- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo/a proxección deben facelo con entrada.
- Unha vez que comece a proxección, non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
IMCE
forummetropolitano@coruna.gal
Cando descobre que os seus pais foron convertidos en porcos, Chihiro séntese moi soa e asustada.
VENDA DE LOCALIDADES

09/04/2026

07/05/2026

04/06/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible