Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

SHOWROOM DE CORUÑA SMART CITY

O showroom de Coruña Smart City é un espazo interactivo para que a cidadanía poida ver e tocar os proxectos smart que están en marcha na cidade e coñecer todos os seus beneficios.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 30/03/2015 ata o 20/04/2015

Xa rematou

Horario:

de 11.00 a 21.00 h

Enderezo:

Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Prezo:

Entrada libre.

Organiza:

Concello da Coruña

O espazo ofrecerá un percorrido moi ameno e tecnolóxico a través de 34 postos visuais e interactivos, que estarán divididos por áreas temáticas da cidade como a auga, medio ambiente, lecer, mobilidade, entre outras. En cada área poderanse coñecer, tocar e mesmo utilizar os proxectos smart. O showroom concentrará os proxectos que están transformando a nosa cidade para facela máis accesible, eficiente e sostible.

 

VISITAS GUIADAS AO SHOWROOM

Todos os martes e xoves de 20.00 a 21.00 h organizaranse visitas guiadas para grupos de 10 a 15 persoas. Se queres facer unha visita guiada polo showroom de Coruña Smart City, envíanos os teus datos a través do seguinte formulario, describindo no asunto “visita showroom” e detallando dentro dos comentarios o número de visitantes e cando quererían facer a visita. O equipo de comunicación de Coruña Smart City poñerase en contacto canto antes para confirmar a cita.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión