Obradoiro para achegar a ciencia á rapazada dentro do centro de interese CienciaPro.
Para nenos e nenas de 9 a 14 anos.
Infantil
04/12/2024
Xa rematou
Dende o 27/11/2024 ata o 04/12/2024
Require inscrición
De 18.30 h. a 20.00 h.
1,5 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O mércores 4 de decembro ás 18.30 h na Biblioteca Fórum Metropolitano temos un obradoiro impartido por Martin Pawley e organizado pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, presentando o xogo de mesa "Viaxe pola noite iluminada", para nenos e nenas de 9 a 14 anos.
A través do xogo de mesa "Viaxe pola noite iluminada" nesta actividade coñeceremos como a contaminación luminosa afecta a flora e a fauna en todo o planeta.
Aprenderemos xogando o impacto da luz artificial pola noite sobre as árbores, os insectos, as aves e mesmo sobre os animais mariños. A rapazada que se inscriba levará, ademais, o taboleiro de xogo de agasallo.
Aproveitaremos para visualizar o papel das mulleres na ciencia e fomentar a eliminación de estereotipos relacionados coas letras e as ciencias. Agardámosvos na Biblioteca Fórum!"
Actividade con inscrición previa.
Tamén che pode interesar

01/08/2026
Dende o 27/07/2026 ata o 31/07/2026
Require inscrición

05/08/2026
Dende o 29/07/2026 ata o 05/08/2026
Require inscrición

11/08/2026
Dende o 30/07/2026 ata o 11/08/2026
Require inscrición

13/08/2026
Dende o 30/07/2026 ata o 13/08/2026
Require inscrición

Os días 11/07/2026, 18/07/2026, 01/08/2026, 08/08/2026, 15/08/2026, 22/08/2026, 29/08/2026
O prazo de inscrición abrirase o mércores 8 de xullo ás 10.00 h e cada actividade terá unha ligazón a través de ticketing para reserva.

Dende o 02/09/2026 ata o 03/09/2026
Dende o 26/08/2026 ata o 02/09/2026
Inscrición en liña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible