Son ao Son® ofrecerá un concerto na Coruña, no Centro Ágora, en homenaxe a “os nosos maiores".
Para público en xeral
07/10/2021
Xa rematou
20:30 h
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Libre, ata completar a capacidade
O concerto Grazas á Vida está especialmente dedicado aos nosos maiores. Inspírase neles e celebra así, o inmenso valor da experiencia a través da vitalidade e a perdurabilidad da música. Grandes boleros e sones, que foron parte do escenario sentimental de tantas vidas, que confirman as súas identidades, que evocan as súas mocidades, porque lembrar, é vivir. Outras cancións, bellísimas, menos coñecidas fóra de Cuba e que merecen viaxar ata hoxe e ser ofrenda, polo seu inmenso valor. E se o "SON" dunha época, é a voz da alma dos seus propios compositores, quero destacar que neste concerto, os autores das cancións son "os maiores da música cubana". Escollín un fermoso repertorio que distingue a Isolina Carrillo, Sindo Garay, Miguel Matamoros, María Teresa Beira, Violeta Parra, Osvaldo Farrés, Adalberto Alvarez, entre outros. Unha vez m{s, na escena de Son "ao Son", a música e a danza van da man, desde o mesmo sabor, no mesmo salón, na mesma estampa rueira, co mesmo suor a mel, canela, ron; na mesma pulsión da vida á que necesitamos dar as grazas.
Con moita ilusión, Raquel Capote. Voz e dirección artística
O grupo
Son ao Son é unha agrupación musical que nace na Coruña. O seu principal propósito é difundir e explorar a riqueza da identidade cultural cubana, historicamente condicionada por unha poderosa mestura de culturas, principalmente africana e española.
Os músicos
Voz e dirección artística - Raquel Capote
Violín - Dinorah Valdés.
Piano - Angel Martínez
Teclado - José Miguel Chapón
Baixo - Juan Eugenio Pérez Villacencio
Percusión - Amaury Quintero
A danza
Ana Beatriz Pérez Armando Martén
Convidados
Celia Pía - Piano Rogelio Acosta - Guitarra Fer Ruiz - Guitarra Arranxos Lázaro Horta Angel Martínez José Miguel González Chapón Xullo Cuns

20/12/2025

20/12/2025

26/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

23/01/2026

24/01/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible