Unha viaxe dirixida polo director GUSTAVO DUDAMEL
Para público en xeral
Dende o 11/10/2023 ata o 07/11/2023
Xa rematou
SYMPHONY estará na Coruña ata o próximo 7 de novembro,
Horario de apertura ao público: de luns a venres de 12.00 a 14.00 e 15.30 a 21.00 h. Sábados, domingos e festivos de 10.30 a 15.00 e de 16.30 a 21.00 h
Xardíns de Méndez Nuñez . Xardíns de Mendez Núñez s/n. 15006 A Coruña
Fundación La Caixa co apoio do Concello da Coruña
Unha viaxe ao corazón da música, unha proposta cultural que achega os espectadores á música clásica a través dunha experiencia inmersiva impulsada por tecnoloxía de realidade virtual.
Esta iniciativa, promovida pola Fundación La Caixa con apoio do Concello, chega á cidade herculina no marco dunha xira que, tras comezar en Barcelona, percorrerá moitas cidades de España e Portugal durante dez anos.
SYMPHONY está formada por dúas unidades móbiles despregables, que se converten en dúas salas de cen metros cadrados cada unha. Nestas estancias, o público poderá gozar dunha experiencia inmersiva en dous tempos, cunha duración aproximada de corenta minutos. A experiencia comeza coa proxección dunha película panorámica e segue cun salto á realidade virtual que permite un visionado en 360º da Mahler Chamber Orchestra, dirixida polo mestre venezolano Gustavo Dudamel, gravada no Gran Teatro Liceo de Barcelona.
Dudamel foi, ata non fai moito, o director da Ópera de París.
Nesta viaxe a través da realidade virtual, as e os espectadores vivirán unha experiencia sensorial diferente, na que cobrarán protagonismo pezas musicais de Ludwig Van Beethoven, Maurice Ravel, Paul Desmond, Rafael Campo Miranda e Gustav Mahler.

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible