Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Obradoiro participativo de estructuras vexetais no CEIP Sanjurjo de Carricarte

Festa de inauguración

A quen vai dirixido?:

Aberto á cidadanía

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

01/12/2017

Xa rematou

Horario:

Ás 17.00 h

Enderezo:

Praza de San José s/n. 15002 A Coruña

Organiza:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Contacto:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

participacion@coruna.es

Como continuidade ao proceso participativo "O Noso Patio", desenvolto durante o curso escolar 2015-2016 no CEIP Sanjurjo de Carricarte, desenvólvese agora un obradoiro participativo de estructuras vexetais para a creación de xeito participativo e colectivo dunha estructura vexetal viva no patio da escola, que mude co paso do tempo e segundo as estacións.

A intervención, sinxela e sostible, constrúese cunha base de vimbio, bambú e/ou caña común, sobre a que tamén  poderán medrar diferentes tipos de plantas trepadoras, facendo fincapé na importancia pedagóxica do proceso de creación colectiva, do xogo e do contacto coa natureza no eido escolar.

No obradoiro participan as nenas e nenos do centro educativo durante tres xornadas que se levan a cabo en horario lectivo os días 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro.

Previa á celebración destas tres xornadas, o día 28 de novembro, ten lugar unha xornada colaborativa aberta ás persoas adultas vencelladas ao CEIP para traballar na preparación dos materiais e da zona do patio onde se plantarán os vimbios.

Finalmente, o venres 1 de decembro pola tarde, a partir das 17:00 h, rematará este obradoiro cunha festa de inauguración da estructura vexetal realizada coa comunidade educativa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión