Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Taller sobre biodiversidade con animais vivos

Celebrarase no Aquarium Finisterrae o 22 e 23 de marzo con motivo do Día Internacional dos Bosques

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 22/03/2025 ata o 23/03/2025

Xa rematou

Horario:

Sábado 22 de marzo das 12.00 ás 14.00 horas

Domingo 23 de marzo das 12.00 ás 14.00 horas

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Prezo:

Prezo da entrada ao Aquarium Finisterrae que lle corresponda a cada persoa que desexe asistir

O Aquarium Finisterrae organiza, con motivo do Día Internacional dos Bosques, que é o 21 de marzo, unha actividade para coñecer de preto unha mostra da enorme variedade dos invertebrados máis sorprendentes que poboan os bosques do noso planeta. Poderanse descubrir en vivo e en directo diferentes aspectos da bioloxía de especies como escorpións, milpés xigantes, escaravello goliat, migalas, bolboretas xigantes, insecto folla, insectos pau, cangrexo ermitán dos bosques, cascudas de Madagascar, caracol xigante de terra etc.

A actividade estará atendida por Miguel Santamaría, biólogo e divulgador científico.

Haberá dúas sesións deste taller, o sábado 22 e o domingo 23 de marzo, en horario das 12.00 ás 14.00 horas. A actividade está dirixida a públicos de todas as idades e non fai falta reservar a entrada. As persoas que desexen asistir deberán aboar o prezo da entrada ao Aquarium Finisterrae que lles corresponda.

Ao tratarse dunha actividade con animais vivos o taller achega un compoñente emocional moi importante, xa que lles permite ás persoas asistentes interactuar coa maioría das especies. Presentaranse exemplares vivos das principais clases de artrópodos: insectos, arácnidos, crustáceos e miriápodos. E mostraranse as especies que destacan polo seu tamaño, beleza ou por algunha característica que as fai máis atractivas ou diferentes.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión