O QUINTETO NUESTRO TiEMPO achéganos a esencia da cidade coas súas harmonías que abarcan non só a música, senón tamén o estilo, o testemuño documental e por suposto a danza, interpretada pola arte e a sensualidade dos bailaríns Ezequiel Herrera e Maria Antonieta Tuozzo.
Para público en xeral
01/05/2016
Xa rematou
20.30 horas
Astor Piazzolla imaxinaba a hora cero como o momento despois da medianoite, ‘unha hora de absoluto final e absoluto comezo'.
Non foi por casualidade, que cedo na súa carreira, chamase ‘Buenos Aires Hora Cero' a unha das composicións que definiu o seu estilo. Non pode ser por casualidade que, entrando no outono da súa vida, lle chamase ‘Zero Hour' ao álbum que resumía tantos anos de traballo e levaba profundos desexos persoais e expectativas profesionais.
Para entón, destilara anos de aprendizaxe como tanguista, as ensinanzas dos seus mestres de música clásica, a súa fascinación polo jazz e as leccións aprendidas por ser unha vangarda dun no tango, nunha música profundamente persoal, sofisticada e emocionalmente directa.
‘Tango: Hora Zero' é unha homenaxe á música máis representativa da cidade de Bos Aires, un espazo no que conviven o novo tango de Astor Piazzolla xunto cos estilos dos grandes forxadores do xénero, como Horacio Salgán, Agustín Bardi, Anibal Troilo, Pedro Maffia, etc.
Entidades

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

Dende o 19/12/2025 ata o 20/12/2025

22/12/2025

23/12/2025

27/12/2025

Os días 27/12/2025, 28/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible