Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Tecendo historias: encontro veciñal para calcetar e ler

Con motivo do día internacional de tercer en público a Biblioteca Forum organiza un encontro veciñal para calcetar e ler na biblioteca em colaboración co club da calceta de Briznas

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

13/06/2026

Inscricións:

Acceso libre até completar capacidade

Horario:

De 17.00 h. a 20.00 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

Celebrar o Día Mundial de Tecer en Público na biblioteca do Fórum é a desculpa perfecta para fusionar dúas artes que alimentan a alma: os fíos e as palabras.

Contamos coa colaboración do grupo de calceta Briznas do noso barrio, para demostrar que tecer e ler son dous xeitos marabillosos de construír comunidade. Mentres as agullas entrelazan as las, as nosas voces entrelazarán historias, compartindo lecturas en voz alta que farán viaxar a imaxinación de todos os presentes, demostrando que a biblioteca é un espazo vivo de encontro, socialización e intercambio cultural interxeracional. Esta xornada serve para visibilizar unha tradición artesanal e, ao mesmo tempo, reivindicar a biblioteca como un espazo vivo para o encontro veciñal. Cada puntada compartida e cada páxina lida axúdannos a tecer redes contra a soidade, espertando o pracer pola literatura e tecer nun ambiente festivo. 

Con esta maridaxe tan especial de letras e fíos, dinamizamos o espazo público e convidamos á veciñanza a enredarse nesta gran festa da palabra e da la.

Acceso libre até completar capacidade.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión