Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Todo Público Outono 2025 - GABINETE MIRABILIA de Pablo Sánchez

Teatro para público familiar

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

04/10/2025

Xa rematou

Horario:

18.00 h

Duración:

50 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

6,00 €

abono 3 (3 entradas para a mesma función): 15,00 €

menores de 3 anos: 2,00 €

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO

Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.

Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.

Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.

Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.

O teatro ten reservado o dereito de admisión

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.

Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

Seguir as instrucións do persoal de sala

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Espectáculo inspirado nos cuartos das marabillas ou gabinetes de curiosidades, armarios ou pequenas estancias onde se coleccionaban obxectos encantados ou misteriosos, aparellos científicos, antigüidades, exemplares exóticos e todo tipo de prodixios.

Esta particular colección dará pé a unha serie de relatos e historias a medio camiño entre o real e a fantasía, entre o máxico e o científico ... entre o engano e a diversión.

Unha peza de narración oral e obxectos coa que Pablísimo celebra 25 anos sobre os escenarios.

Autoría, dirección e interpretación: Pablo Sánchez

Público: + 5 anos

Duración: 50 minutos

Espectáculo en galego

VENDA DE ENTRADAS:

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
  • Despacho de billetes Forum Metropolitano: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión