Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

TODO PÚBLICO Primavera 2026 - MR. BO de Marie de Jongh

Espectáculo gestual e de máscara sen texto

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

30/05/2026

Horario:

18.00 h

Duración:

50 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 6,00 €

*Abono 3 (3 entradas para a mesma función: 15,00 €)

Menores de 3 anos: 2,00 €

*O abono 3 só se vende en despacho de billetes.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO

Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.

Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.

Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala (excepto auga).

Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.

O teatro ten reservado o dereito de admisión

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro deben facelo con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.

Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

Seguir as instrucións do persoal de sala

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

https://mariedejongh.com/mr-bo/

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.es

Os tres serventes están afeitos cumprir con todo o que di o señor Bo. Levan toda a vida ás súas ordes, desde que era un neno. Ás veces imaxínanse o que podía ser o mundo se eles fosen os amos, o que é ter o poder nas súas propias mans e non depender de ninguén máis. Tamén xogan asumindo o rol do señor mentres os demais fanse pasar polos seus servidores. Cando o señor Bo era neno, os serventes tiveron a oportunidade de dicir "Non!", pero non o fixeron, e Bo exerceu a hexemonía durante anos. A súa relación é moi servicial, de dependencia, pero nun momento dado xorde unha nova oportunidade de dicir: "Non!"

Compañía: Marie de Jongh

Autoría e dirección: Jokin Oregi

Elenco: Ana Martínez, Ana Meabe, Javier Renobales e Anduriña Zurutuza

Duración:50 minutos

Público: + 4 anos

VENDA DE ENTRADAS:

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
  • Despacho de billetes de Forum Metropolitano: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión