Chega A Coruña
Para público en xeral
06/06/2018
Xa rematou
10.30 h
Co nome de "Tras a ELA en Vela: Desafío Fisterra", o sábado 26 de maio, comezou unha travesía en vela desde Bilbao ata o Cabo Fisterra, que ten como obxectivo visibilizar a situación que viven os enfermos de Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA).
Iñaki Elorriaga, afectado pola enfermidade de 71 anos, é o promotor da iniciativa, coa que ademais recabaranse fondos a favor da Federación ADELA-Euskal Herria para a loita contra a ELA.
Acompáñano na travesía o navegante Unai Basurko e o músico Kepa Junkera. A chegada a Fisterra está prevista para o 29 de maio, facendo unha escala esa mesma tarde en Muros. A segunda escala será no porto da Coruña o día 6 de xuño, onde os recibirá a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA), acompañados do Alcalde da Coruña: Xulio Ferreiro e da Xefa territorial da Consellería de Sanidade en A Coruña: Cristina Pérez. O recibimento que AGAELA lles prepara á súa chegada ao porto da Coruña consiste en recibilos ás 10:30h no Real Club Náutico, coa presenza das autoridades invitadas e de Sofía Toro, campeona olímpica de vela.
Varias embarcacións sairán ao paso á chegada do veleiro a porto á vez que, alumnos do Colexio Liceo la Paz estarán presentes e poderán ver o barco máis de preto logo do amarre.
A continuación celebraremos nas instalacións do Real Club Náutico unha roda de prensa na que os protagonistas expoñerán a súa fazaña por mar, para posteriormente, rematar escoitando unha charla sobre a ELA de mans de Iñaki Elorriaga, afectado por esta enfermidade, que expoñerá de primeira man a realidade da ELA.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible