Lava é unha compañía de danza contemporánea residente no Auditorio de Tenerife que aposta pola creación dun novo repertorio con creadores de presenza internacional e que conta coa dirección artística do bailarín tinerfeño Daniel Abreu (Premio Nacional de Danza 2014).
Para público en xeral
13/11/2020
Xa rematou
20.30 h
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
12'00 € (descontos de carné xove, + 65 anos, desempregados, -20%)
No programa dobre <Bending the walls & Beyond> recollen dúas das últimas creacións levadas a cabo coa dirección de Fernando Hernando Magadán -director artístico de NDT2- e de La Intrusa -a compañía dirixida por Virginia García e Damián Muñoz, Premio Nacional de Danza 2015.
"Bending the Walls" de Fernando Hernando Magadán, é unha exploración sobre o mundo das restricións e limitacións na nosa procura da felicidade, a liberdade e a comprensión: os límites físicos e psicolóxicos dentro de nós mesmos e o mundo que nos rodea. É unha metáfora sobre as forzas psicolóxicas, físicas e emocionais que os humanos poden abordar para transcender a realidade palpable, superar a aflición e escapar a un mundo de imaxinación.
Dramaturxia: Yvan Dubreuil
"Beyond" de La Intrusa, recolle as palabras da escritora canadiense Anne Michaels para preguntar "Que é un home sen paisaxe? Unha experiencia de procura a través de paisaxes emocionais da memoria. Un escenario de incerteza que nos obriga constantemente a crear ou reflexionar sobre o noso propio itinerario vital, sobre a paisaxe que dunha maneira consciente ou fortuíta imos construíndo".
Dramaturxia: Virginia García

22/12/2025

23/12/2025

27/12/2025

Os días 27/12/2025, 28/12/2025

29/12/2025

Os días 03/01/2026, 04/01/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible