Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

TRC danza: As cousas móvense pero non din nada

Peza dentro do Festival TRC danza Primavera 2022

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/05/2022

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

8'00 € (carné novo, + 65 anos, desempregados, -20%; familias numerosas, -25%)

É unha peza de danza que se apoia sobre as ideas de permanencia e insistencia.

Interpretada por un elenco exclusivamente feminino e construída a partir da sonoridad do corpo das bailarinas, a peza evoca os procesos de transformación e repetición da natureza, sen facer alusión á figuración da escena.

As COUSAS MÓVENSE PERO NON DIN NADA é unha peza escénica radicalmente arraigada na presenza das bailarinas, a través dos seus movementos e de como soan os seus corpos en movemento. Dos seus corpos que non se desprazan, das súas columnas axitadas en múltiples direccións, dos seus brazos lanzados con violencia e descontrol, desprégase unha poética de corpos que resisten de pié, que permanecen, corpos atravesados por diversas forzas e intensidades, en definitiva, un corpo colectivo de mulleres que presenta a súa resiliencia ancestral como forma de estar no mundo.

Idea, coreografía e dirección: Poliana Lima

Performers: Cláudia Bosch, Laura Cardona, Ada Continente, Carla Diego, Natalia Fernandes, Cris Manso, Danielle Mesquita, Clara Pampyn, Almudena Perez, Isabela Rossi, Maddi Ruiz de Loizaga e Ainhoa Uzandizaga

Coprodución: Teatros da Canle, Teatro Municipal do Porto / DDD - Festival Dias dá Dança, CND/Pantin e Porosus Fonds de Dotation

Venda de entradas

Despacho de billetes Praza de Ourense: de luns a venres de 11 a 15 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16 a 20 h

Venda en liña

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión