"Tres pasos para el éxito" é un espectáculo unipersoal de técnica de bufón contemporáneo sobre a ambición humana nos tempos de Instagram.
Para público en xeral
06/02/2026
Xa rematou
20.30 h
75 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
9,00 €
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
RECOMÉNDASE:
Compañía A la deriva
forummetropolitano@coruna.es
Un adestrador persoal, un coach con aires de telepredicador e fondo de teletenda, inspira a audiencia para seguir o camiño do éxito,un camiño tortuoso e desapiadado pero coas súas recompensas.
Nove escenas entre revelacións, dinámicas de grupo e exercicios coa audiencia onde se repasan os fundamentos sociais, a masculinidade fráxil, as desigualdades de xénero, a deriva da democracia, o abuso de poder, a cobiza, o "estar queimado" (burn out) e outros fenómenos perniciosos dos nosos tempos.
O bufón contemporáneo, próximo ao cabaré e as súas técnicas de exhibición física e social atrévese a entrar en temas e discursos difíciles que xeran controversia e debate. O seu achegamento dende o humor, personificando as problemáticas na figura do propio bufón sen proxectalas en terceiras persoas, propicia que a audiencia poida identificar perfectamente o problema e o portavoz.
Deste xeito, dáse lugar ao proceso ulterior de sanación.
Compañía: A la deriva
Dirección: Paz Buelta
Creación e interpretación: Germán Gundín
Axudante de dirección: Sergio de Medina
Duración: 75 min
VENDA DE ENTRADAS:

12/05/2026
Dende o 08/05/2026 ata o 12/05/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

13/05/2026

14/05/2026

15/05/2026
Dende o luns 11 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (15 de maio) pola tarde na biblioteca do Centro Ágora.

16/05/2026

16/05/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible