Tropical é a historia de dúas viaxes. Unha comeza en Europa e remata nun país tropical e outra en sentido contrario. Autores e directores: María Torres e Gonçalo Guerreiro.
Para público en xeral
Dende o 17/02/2017 ata o 18/02/2017
Xa rematou
20.30 h
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: -20%)
Un espectáculo sensitivo, universal e evocador que se mergulla no universo da viaxe e na súa riqueza de matices e dimensións. Turistas, emigrantes, polisóns, músicos e mariñeiros.
Do norte ao sur nun cruceiro e do sur ao norte nunha chalana. Cinco grupos de viaxeiros con destinos entrelazados nun navío de nome TROPICAL.
Desde a ironía e o absurdo, TROPICAL reflicte situacións que se están producindo non moi lonxe do noso recuncho de calma e tranquilidade.
Un espectáculo cunha linguaxe visual asentada na imaxe, no movemento, na música e na danza.
TROPICAL é a procura da poética da viaxe desde unha Europa que naufraga no Mediterráneo.
Unha mañá partimos, a mente inflamada,
O corazón desbordante de rancor e de amargos desexos,
E marchamos, seguindo o ritmo da onda
Arrolando o noso infinito sobre o confín dos mares.
Con Marta Alonso Tejada, Ánxela Blanco, Fredi Muiño, Gonçalo Guerreiro, María Torres.
Autores, directores e dramaturgos: María Torres, Gonçalo Guerreiro
Compañía: Elefante Elegante
Venda de entradas:
Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h
Venda telefónica: 902 044 226

22/12/2025

23/12/2025

27/12/2025

Os días 27/12/2025, 28/12/2025

29/12/2025

Os días 03/01/2026, 04/01/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible