Festival de narración oral 2021
Todos los públicos
Para público en general
21/04/2021
Ya ha finalizado
19:00h
Gratuito con convite
Será de OBRIGADO cumprimento
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non se permite o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.
RECOMÉNDASE
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.
Vero Rilo é contadora e educadora
Combina durante varios o traballo como educadora e narradora. Comeza a formarse con importantes referentes da narración oral galega e internacional, cursa dous anos de formación actoral con Carlos Neira no centro EspazoAberto e tamén formación regular en improvisación teatral e de técnica vocal de xeito que vai aprendendo a contar e no 2013 comeza a aventura de contar profesionalmente. Emprende da man do seu amigo e acordeonista Santi Prieto, o seu proxecto conxunto de narración e música para público familiar e crea a compañía Daboapipa dándose a coñecer na escena galega con "Contos de Animalario"; pouco despois para público adulto con "Historias de vida, guerra, amor e case morte". En 2015 toma o relevo musical Carlos Quintá para dar continuidade con "Lavandeiras".
O rodar da vida e o interese pola primeira infancia fai que en 2017 forme a compañía Rilo&Penadique coa mestra, cantante e acordeonista Sonsoles Penadique para afondar no universo da narración con "O pozo das Señoras" e na música para bebés da que nace o espectáculo- obradoiro "Arre ru". E veñen de cubrir a franxa de idade familiar que lles quedaba coa estrea de "A formiga no carreiro" no Salón do Libro de Pontevedra en 2019.
Dende o 2018 investiga os límites e puntos de (des)encontro do contar e cantar coa vocalista Faia Díaz (De Vacas, Coro Encaixe) en Apatacón, "Por unha peseta" é unha sesión para adultos e está en continúa construción.
A longo deste tempo traballa tamén coa USC, o CFR Coruña e Semente Compostela deseñando e impartindo obradoiros para docentes onde fai convivir as dúas disciplinas que ocupan a súa vida e reflexionando sobre a narración e a práctica educativa. "Contar para medrar", "Sentindo os contos?" ou "Cantar, contar e bailar" son algunhas das propostas formativas para profesorado e familias.
04/05/2024
04/05/2024
07/05/2024
Desde el 03/05/2024 hasta el 07/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
10/05/2024
10/05/2024
Dende o venres 3 luns 6 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (10 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
11/05/2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible