Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Fórum Metropolitano

Enderezo:

Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Teléfono:

981 184 293

Fax:

981 184 295

Páxina web:

https://es-es.facebook.com/ForumMetro

Horario:

HORARIO DE VERÁN (do 15 de xuño ao 15 de setembro)

- de luns a venres de 08:00 h a 21:00 h

- sábados de 08:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 21:00 h

- domingos e festivos: pechado

O Fórum Metropolitano é un centro de servizos integrados no que están situadas unidades que prestan servizos culturais e educativos (biblioteca, cinemas, auditorio, centro de información xuvenil) xunto con unidades que prestan servizos sociais de carácter autónomo (centro de actividades sociais) e servizos administrativos (rexistro, información municipal e policía municipal).

O Fórum Metropolitano pódese definir como unha instalación municipal para a xestión administrativa, para a acción social, con incidencia no ámbito sociocultural e cun carácter polivalente que integra unha pluralidade de servizos que procuran cubrir necesidades de individuos, familias e grupos sociais da súa zona de influencia (colectivos do barrio) e da cidade, en xeral, facilitar a convivencia e interacción de persoas de diferente formación, afeccións e intereses (integrador da diversidade) e propiciar a cooperación de asociacións e axentes interesados nunha mesma dinámica (integrador do tecido social).

CENTRO DE ACTIVIDADES SOCIAIS E AULAS: Actividades de formación e de ocupación de tempo libre. Son sede do Programa de Lecer: este programa que promove o Concello da Coruña, a través desta instalación municipal, ten por obxecto dar alternativas ao tempo libre da cidadanía levando a cabo propostas innovadoras con actividades que, por unha banda, fomenten a formación da cidadanía con accións culturalmente enriquecedoras e, por outro, permitan realizar unha acción compensatoria que favoreza a poboación con menos recursos formativos, que sirvan para o desenvolvemento de distintas habilidades que procuren a adquisición de capacidades e, por último, que fomenten a convivencia e a sociabilidade das persoas participantes.

O programa de lecer está estruturado segundo unha secuencia estacional na que os dous grandes ciclos, un de primavera, que abarca de febreiro a maio, e outro de outono, que se estende de outubro a decembro, se dirixen á poboación en xeral. Os ciclos de verán e inverno (Nadal) orientáronse exclusivamente á poboación entre 4 e 12 anos durante os períodos vacacionais.

CINE: O Fórum dispón de dúas salas, Marilyn Monroe e Fernando Rey, (78 e 74 butacas), programación en VOS, estrea de películas non programadas polas salas comerciais da cidade, ciclos de directoras/es, realizadoras/es, por xénero, por temas.

AUDITORIO: sala de 320 metros cadrados con capacidade para 300 espectadoras/es. O auditorio do Fórum Metropolitano funciona baseándose nunha programación que desenvolve o IMCE pero tamén acolle actos promovidos por outros departamentos municipais e é cedido a entidades cidadás que o soliciten para desenvolver as súas actividades. Programación teatral, música, variedades, conferencias, presentacións, mostra de actividades de asociacións e entidades cidadás...

BIBLIOTECA: consulta en sala, reprografía, préstamo a domicilio de documentos en todos os soportes, préstamo interbibliotecario, información bibliográfica e actividades de animación á lectura: www.coruna.es/bibliotecas

AULA VIRTUAL: conta con 13 postos, un adaptado para discapacidades, pantalla táctil para impartición de cursos. Acceso libre con carné da biblioteca durante unha hora diaria. Impártense cursos de alfabetización de maneira continuada.

CMIX: Centro Municipal de Información Xuvenil

Centro de información especializado en temas de interese xuvenil: asesoramento educativo-profesional, asesoramento de iniciativas xuvenís, servizo de orientación legal para a mocidade, servizo de turismo xuvenil. Información xeral sobre calquera cuestión que a mocidade poida formular en persoa, web, por teléfono. Expedición do Carné Xove, Carné Xove Internacional, Carné de Alberguista e Carné de Estudante ou Profesor Internacional. Ademais desde o CMIX coordínase a sala Plataforma14. http://www.coruna.es/cmix

PORTELO MUNICIPAL: información sobre competencias municipais (empadroamento, apertura de locais, licenzas, matriculación de vehículos... Recepción e tramitación de escritos ao concello.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión