Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

VI Xornadas de literatura e narración oral - Aos catro ventos

VI Xornadas de literatura e narración oral - AOS CATRO VENTOS

A quen vai dirixido:

Infancia

Cando:

09/07/2021

Xa rematou

Horario:

17.00 a 19.00 h - Taller de regueifas impartido por Alba María

19.30 a 20.30 h - Relatorio. Xogar coas palabras. Impartido por Antón Cortizas

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicación de solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

AEDA

Contacto:

www.narracionoral.es

Na tarde do venres 9 de xullo terá lugar na cidade da Coruña unha das xornadas das "VI Xornadas de literatura e narración oral - AOS CATRO VENTOS" organizada pola Asociación de Profesionais da Narración Oral en España (AEDA). Nela poderase asistir presencialmente a 2 actividades de grande interese sobre a tradición oral galega da man de dous grandes ases da cultura galega: Alba María (mestra e regueifeira) e Antón Cortizas (mestre e investigador).

Estas 2 actividades poden ser de grande interese para os seguintes perfís:

- Campo da narración oral

- Campo das bibliotecas e da literatura infantil e xuvenil

- Campo da educación

- Campo da xestión cultural

- Campo do lecer e tempo libre

- Campo baile e canto tradicional

- Público xeral con interese en coñecer máis e mellor a cultura e tradición galegas.

+ información

Para inscribirse presencialmente en calquera das actividades deberedes cubrir o seguinte formulario: https://form.jotform.com/211316054716347

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión