Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Viaxe ao centro de Subterfuge

A mostra, inaugurada o pasado 4 de xullo consegue un importante éxito de público e crítica.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 04/07/2015 ata o 20/09/2015

Xa rematou

Horario:

Martes a domingo e festivos de 11:00 h. a 15:00 h. e de 17:00 h. a 21:00 h.

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Organiza:

Fundación Luís Seoane

O público poderá gozar durante dúas semanas máis do universo do selo discográfico independente máis importante do noso país grazas á mostra Viaxe ao centro de Subterfuge, que durante este verán de 2015 levou á Fundación Luís Seoane un anaco fundamental da historia musical recente do noso país. Viaxe ao centro de Subterfuge constitúe un percorrido pola traxectoria da compañía discográfica madrileña a través dunha selección da obra gráfica en diferentes formatos: cartelería, iconografía, obxectos singulares, así como a proxección permanente de videoclips das bandas que forman ou formaron parte do seu catálogo como Dover, Anni B Sweet, Fangoria, Vinila von Bismark, Neuman, Marlango, Cycle, The Zombie Kids, Australian Blonde, Meneo, Doctor Explosion, McEnroe, Los Fresones Rebeldes, Joe La Reina, Pauline en la Playa, Bravo Fisher!, Mercromina, The Bright, Los Eskizos, Arizona Baby, Najwajean, Corizonas, Sexy Sadie, Luthea Salom, The Killer Berbies, Havoc, Undershakers ou Amatria, entre outras moitas. En total, máis de 500 pezas a disposición do público asistente, que poderá experimentar a sensación de estar nas oficinas de Subterfuge, vivindo en primeira persoa a evolución destes xa máis de 25 anos de aventura, e a importancia que tiveron no desenvolvemento da escena musical independente española.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión