No ano 2001 o Concello da Coruña comprou a casa situada no número 12 da rúa Panadeiras na que viviu o presidente do Goberno da Segunda República, Santiago Casares Quiroga. No ano 2017 inagúrase como museo que visitaremos e onde coñeceremos a súa vida e actividade política.
Persoas maiores de idade
Para público en xeral
11/06/2019
Xa rematou
Dende o 27/05/2019 ata o 07/06/2019
As inscricións realizaranse por orde de chegada.
A visita realizarase ás 17:30 h.
Centro Cívico Novoboandanza. Rúa Monasterio de Bergondo 13, 3º, 4º y 5. 15010 A Coruña
Prazas limitadas
Asistencia gratuíta
Centro Cívico Novoboandanza
Santiago Casares Quiroga nace na Coruña no ano 1884.
Avogado e político español de ideoloxía republicana, exerceu importantes postos durante a Segunda República.
Amigo persoal de Manuel Azaña, formou parte de varios gabinetes presididos por este.
En maio de 1936 converteuse en presidente do Consello de Ministros e presidiu o Goberno da Segunda República nos meses que precederon o estalido da Guerra Civil española.
Exíliase en Francia onde falece en febreiro de 1950.
A súa filla María Casares é unha importante e destacada atriz do teatro e cinema en Francia.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible