Prazas esgotadas
Para público en xeral
09/02/2023
Xa rematou
18.00 h
Asociación cultural Alexandre Bóveda . Rúa San Andrés 36, 1º. 15003
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Tel.: 981 200 869
O xoves 9 de febreiro, ás 18.00 horas, realizarase unha visita dobre, en dúas quendas, a dúas institucións singulares da cidade.
A Biblioteca da Casa do Consulado é a primeira biblioteca pública en establecerse na cidade da Coruña baixo o amparo do "Real Consulado do Mar e Terra" en 1803 e aberta ao público en 1806, pertence á fundación cultural privada máis antiga do Estado. Foi no seu salón de actos onde se presentou a constitución da Academia Galega o 4 de setembro de 1905. Aquí poderemos ver, entre outros fondos, un incunable de 1498, un manuscrito de Quevedo, a biblioteca de, José Cornide e de Juana de Vega documentación relativa a Sociedade do Folclore Galego que impulsou Emilia Pardo Bazán e que foi iniciadora da Real Academia Galega.
A Real Academia Galega de Belas Artes, foi unha das trece creadas en España polo Real decreto do 31 de outubro de 1849, entón coa denominación de Academia Provincial de Belas Artes. Dependente inicialmente desta Real Academia de Belas Artes creáronse, en 1854, os estudos de belas artes que constituíron a iniciación da escola de belas artes e o museo chamado nese momento Museo Provincial que é a base do actual Museo de Belas Artes. Poderemos ver aquí pezas do fondo Arquivo Musical de Galicia, como O mariscal, a primeira ópera galega e outras pezas do seu moi amplo fondo documental.
Guían a visita:
Rosario Aja, directora da Biblioteca da Casa do Consulado.
Felipe Senén e Juán Durán, membros numerarios da Real Academia de Belas Artes.

20/12/2025
Dende o 13/12/2025 ata o 18/12/2025
Require inscrición

Dende o 20/12/2025 ata o 04/01/2026
Apertura prazo de inscrición: mércores 10 de decembro ás 10.00 h

Dende o 22/12/2025 ata o 07/01/2026
Abrirase o día 1 de decembro, na nosa páxina web www.coruna.gal/cultura o formulario para a inscrición.

17/01/2026
Dende o 10/01/2026 ata o 15/01/2026
Require inscrición

28/01/2026
Dende o 21/01/2026 ata o 28/01/2026
Require inscrición

Dende o 26/01/2026 ata o 30/01/2026
Dende o 19/01/2026 ata o 24/01/2026
Inscrición presencial na biblioteca
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible