Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre - Axúdame a sentir

Axúdame a sentir

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

27/12/2026

Horario:

19.00 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea: 22,00 € / Platea visibilidade reducida: 18,00 €

Palco: 20,00 €

Principal: 18,00 € / Principal visibilidade reducida: 14,00 €

Desconto do 20% para carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas

Desconto do 25% para familia numerosa

**Os descontos aplícanse previa presentación do documento que acredita o desconto.

Axúdame a sentir dicíame Obdulia con frecuencia, a miña avoa materna. Foi unha de tantas catedráticas sen título nesa soada universidade da vida. Nada hai máis necesario que sentir e tampouco hai momento máis apropiado para perseguir ese verbo que os tempos nos que vivimos: as humanidades difumínanse á vez que crece o binomio virtual-máquina. As artes, en xeral, atenderon historicamente a nosa necesidade de sentir. Ese lugar sen algoritmos é unha casa que debemos visitar tantas veces como nos sexa posible. Celebrar a non virtualidade, abrazarnos, escoitar, beber, bailar, sentir, escribir, debuxar, cantar, soñar...

A nosa casa é un torreiro e tamén a platea dun teatro ou as mesas dunha baiuca. O que ocorre nun concerto é algo único e irrepetible: extínguese ao pechar o pano, máis á súa vez, é unha chama que prende e segue quentando o noso peito durante moito tempo. Ás veces acompáñannos toda unha vida.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Teatro Colón: unicamente o día do concerto desde 2 h antes do inicio do concerto (só se quedan entradas dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central de praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión