Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

Xacarandaina: 40 anos de Música Tradicional

Co gallo do 40 aniversario do Grupo de música e baile tradicional Xacarandaina farase unha gala no Teatro Colon de A Coruña para presentar o seu novo disco “40Xacas”.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

06/04/2019

Ya ha finalizado

Horario:

20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala)

Dirección:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Precio:

13,00 / 15,00 € (Principal 1ª fila - visibilidade reducida; 11,00 €) (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas, -20%) (Familia numerosa, -25% (só no despacho de billetes)

(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)

(Os beneficiarios de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao teatro)  

Será unha gala feita especificamente para a ocasión na que o obxectivo principal será promover e divulgar o noso arte inmaterial, facendo que o espectador viaxe no tempo atraveso das melodías e ritmos de Galicia.

Para isto farase unha escolla de entre máis de 1000 melodías diferentes de todo o territorio galego, froito do traballo de campo que fixo Xacarandaina.

A singularidade deste espectáculo será volver poñer enriba das táboas músicas e cancións que se estrearon hai anos e que non se volveron a tocar, poñéndoas outra vez en repertorio, e así poder amosar a evolución da música tradicional galega escénica desde 1979 até hoxe en día, facendo un espectáculo de grande valor escénico, histórico e etnográfico.

Nesta gala actuarán máis de cincuenta artistas entre pandereteiras, músicos, gaiteiros, percusionistas, cantareiros e coro. 

Con un deseño de luces creado adrede,  unha coidada posta en escena e os sucesivos cadros do espectáculo, conseguiremos que esta Gala do 40 aniversario de Xacarandaina sexa algo único e que espectador aprenda e disfrute a un tempo.

Isto será en A Coruña o sábado 6 de abril ás 20:30h no Teatro Colon onde tantos éxitos ten conseguido Xacarandaina ao longo da súa historia.

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Colón: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

También puede interesarte...

Agenda

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión