Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Xacarandaina: 40 anos de música tradicional

Co gallo do 40 aniversario do grupo de música e baile tradicional Xacarandaina farase unha gala no Teatro Colón da Coruña para presentar o seu novo disco “40Xacas”.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/04/2019

Xa rematou

Horario:

20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala)

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

13,00 / 15,00 € (Principal 1ª fila - visibilidade reducida; 11,00 €) (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: -20%) (Familia numerosa: -25% (só non despacho de billetes)

(Deberán ter entrada todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo)

(As persoas beneficiarias de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao teatro)

Será unha gala feita especificamente para a ocasión na que o obxectivo principal será promover e divulgar a nosa arte inmaterial, facendo que as persoas espectadoras viaxen no tempo a través das melodías e ritmos de Galicia.

Para isto farase unha escolla de entre máis de 1000 melodías diferentes de todo o territorio galego, froito do traballo de campo que fixo Xacarandaina.

A singularidade deste espectáculo será volver poñer enriba das táboas músicas e cancións que se estrearon hai anos e que non se volveron tocar, poñéndoas outra vez en repertorio, e así poder amosar a evolución da música tradicional galega escénica desde 1979 até hoxe en día, facendo un espectáculo de gran valor escénico, histórico e etnográfico.

Nesta gala actuarán máis de cincuenta artistas entre pandereteiras, músicos, gaiteiros, percusionistas, cantareiros e coro. 

Con un deseño de luces creado adrede, unha coidada posta en escena e os sucesivos cadros do espectáculo, conseguiremos que esta Gala do 40 aniversario de Xacarandaina sexa algo único e que as persoas espectadoras aprendan e desfruten a un tempo.

Isto será na Coruña o sábado 6 de abril ás 20:30 h no Teatro Colón onde tantos éxitos ten conseguido Xacarandaina ao longo da súa historia.

VENDA DE ENTRADAS:

Despacho central da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Colón: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión