XV Feira das Artes Plásticas da Coruña nos Xardíns de Méndez Núñez
PÚBLICO EN XERAL
Para público en xeral
Dende o 15/07/2016 ata o 25/07/2016
Xa rematou
Este evento vénse realizando ininterrompidamente dende o ano 2001, sendo un referente non só na Coruña senón en Galicia, e a única que se celebra na actualidade ao aire libre. Edición tras edición, a Feira das Artes Plásticas bate todos os récords, tanto respecto á participación de artistas, con técnicas e estilos moi variados (pintura, escultura, fotografía e artes gráficas en xeral), como en asistencia de público: 80.000 persoas visitárona o pasado ano. A Feira non se limita a expoñer as obras dos seus artistas, senón que tamén ten como obxectivo fomentar a práctica da arte entre o público, permitindo a participación de nenos e adultos, gratuitamente, en diferentes talleres de gravado, e organizando un concurso de pintura infantil ao aire libre no cal todos os participantes recibirán un pequeno agasallo da Asociación ARGA.

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

Dende o 05/11/2025 ata o 10/01/2026

Dende o 03/12/2025 ata o 28/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible