Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de abril de 2020

Benestar Social achegará material físico requirido nalgunhas actividades infantís dos centros cívicos a través do voluntariado

O persoal educador e dinamizador dos centros cívicos está a chamar a todas as familias dos máis de 500 nenos e nenas rexistrados/as para comunicarlles que poden seguilas a través da canle de Youtube e preguntarlles se teñen necesidade de que se lles achegue mateial, que será levado de maneira gratuíta polas persoas voluntarias

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación pon en marcha a canle de Youtube "Coruña Acompaña" para que a veciñanza poida seguir en liña todas as actividades dos centros cívicos municipais. Esta programación está destinada a público infantil, xuvenil e adulto. Ademais, hai diversas actividades que poden ser desfrutadas por toda a familia ao seren interxeracionais.

Para algunhas das actividades infantís é necesario descargarse e imprimir un material específico. De xeito que, desde a concellería van imprimilo no concello e repartilo a través do dispositivo especial de voluntariado. O persoal educador e dinamizador dos centros cívicos está a chamar a todas as familias dos máis de 500 nenos e nenas rexistrados/as para comunicarlles que poden seguilas a través da canle de Youtube e preguntarlles se teñen necesidade de que se lles achegue mateial, que será levado de maneira gratuíta polas persoas voluntarias.

Doutra banda, activouse un servizo de SMS para comunicarlles a todas as persoas rexistradas nas actividades que poden continuar a súa realización na canle de Youtube "Coruña Acompaña". Ademais diso, as máis de 2.500 persoas rexistradas neste programa foron chamadas para darlles a mesma información, co obxectivo de que todas as persoas poidan desfrutar das actividades nas que están rexistradas.

13 resultados

ver más

Busca en nuestra hemeroteca de AG ...

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión